Volven os zancudos, a pirotecnia e a percusión coa décima edición de Itineranta

PONTEVEDRA> Pontevedra prepárase para acoller a décima edición do Itineranta. O Festival Internacional de Espectáculos, que dará comezo mañá, chega á cidade cunha programación para homenaxear a todas as compañías que participaron nos anos anteriores. Ademais o fai con grandes novidades, entre elas, unha nova ruta.

Os zancudos, a música e a diversión xa están latentes na rúa, porque mañá chega a Pontevedra o evento de percusión e pirotecnia máis popular da cidade: o Itineranta. O Festival Internacional de Espectáculos adianta este ano a súa data para facer desfrutar, aínda máis, aos veciños da Boa Vila.

Para celebrar o décimo aniversario, o Itineranta chega este ano con diferentes novidades. Entre elas, a ampliación do número de rutas.

Para esta edición, a organización seleccionou ás 10 mellores compañías dos 9 anos anteriores. Unha forma de homenaxear todo o traballo realizado ano tras ano.

O Festival comeza mañá ás 20:00 horas e prolongarase ata o venres ás 22:45h. En todas as rutas haberá animación, percusión e moita pirotecnia. Pero se algo non pode faltar é a participación cidadá.