Martín esixe coñecer os orzamentos de 2016

SANXENXO> O voceiro do Partido Popular de Sanxenxo, Telmo Martín, arremeteu hoxe en rolda de prensa contra o alcalde, e o conselleiro de Facenda da vila, por non dar a coñecer os presupostos municipais de 2016. Unha situación, que segundo o popular, priva dunha serie de inversións o concello. 

 

Telmo Martín, ex alcalde de Sanxenxo, e actual portavoz do Partido Popular na vila, convocou hoxe aos medios na súa sede, para facer público un chamamento ao alcalde, Gonzalo Pita, no que lle recomenda que asuma él as competencias de Economía en substitución do actual concelleiro de Facenda, David Otero…

Martín considera que o actual concelleiro desta área, non está capacitado para levar e dirixir as contas, así como para elaborar un documento como é o proxecto de orzamentos, que dende o PP solicitan, que se presenten canto antes…

En canto a polémica dos últimos días, pola renuncia do concelleiro de Sanxenxo pode, primeiro no goberno da vila, e posteriormente no seu partido, o voceiro popular recoñeceu, que Agís manifestou a sua intención de apoiar as medidas que impulse o Partido Popular para mellorar Sanxenxo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/telmo_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/telmo_sanxenxo_1304.mp4{/flowplayer}