PONTEVEDRA> O Recinto Feiral de Pontevedra pecha as súas portas á quincuaxésimo quinta edición do Concurso Exposición das Camelias. Máis de 7.000 persoas achegáronse ata a cidade do Lérez para coñecer as flores gañadoras e para participar nas diferentes actividades programadas pola Deputación provincial. Un feito que demostra o gran interese que suscitan as camelias das Rías Baixas.
A LV edición do Concurso Exposición da Camelia foi todo un éxito. Máis de 7.000 persoas asistiron esta fin de semana ao Recinto Feiral, unidos por unha paixón: as camelias.
Camelias de todas as cores e de todos os tamaños, pero soamente unha fíxose co premio de ouro, a de Eusebio López.
A Deputación de Pontevedra quixo demostrar neste evento que a camelia é moito máis que unha flor, e que os seus usos son infinitos.
Durante todo a fin de semana, os asistentes puideron desfrutar de dúas xornadas técnicas, da presentación do libro editado polo goberno provincial “Xardíns históricos na provincia de Pontevedra”, e incluso, tiveron a oportunidade de saborear a camelia.
A flor do inverno demostrou ser tamén un elemento turístico que atrae a miles de persoas. Porque sen dúbida, as camelias máis fermosas do mundo están nas Rías Baixas.