No 2018 comezarán as obras do novo acceso a Monte Porreiro

Pontevedra> Deputación e concello prevén iniciar as obras do novo acceso a Monteporreiro nun prazo dun ano. Esta mañá Lores e Silva ratificaron o convenio de colaboración para a construción da nova estrada. Un proxecto mediante o cal a institución provincial financiará o 70 por cento mentres que o Goberno Local aportará o 30 por cento restante. A Deputación de Pontevedra e o concello de Pontevedra ratificaron hoxe o convenio de colaboración para a contrucción da nova estrada de acceso a Monteporreiro. Unha sinatura, por un valor de 1,5 millóns de euros dos cales o 70 por cento serán financiados pola Deputación e o 30 por cento restante polo concello. Un novo chanzo, tal e como dixo Lores, dentro dos compromisos da Deputación con Pontevedra. A Presidenta dixo esta mañá que esta convenio se enmarca dentro do protocolo de colaboración entre as dúas administracións a través do cal é o concello o que establece as súas prioridades e necesidades. Silva lembrou esta mañá que o ben de Pontevedra é o ben para a provincia xa que se trata dunha cidade que move moito a todos os concellos da zona. O proxecto conta cun investimento total de 1,5 millóns de euros e cun prazo de execución de 9 meses. Segundo anunciaron esta mañá as obras deberían comezar o vindeiro ano e o montante da cifra aboarase durante este ano, o 2018 e o 2019.