Pontevedra estrea un ‘Bosque de Nadal’ con pista de xeo, tirolesa e xogos para estas festas

PONTEVEDRA> A Praza de España e a Alameda de Pontevedra serán un dos puntos centrais do Nadal da cidade. O espazo converterase nun Bosque dos Xogos que terá como protagonistas unha tirolesa, un gran tobogán e unha pista de xeo. Trátase dunha das novidades da programación que o concello prepara para estas datas. Unha proposta que o goberno local describe como renovada e diferente.

O prendido das luces o vindeiro 5 de decembro será o tiro de saída para o Nadal en Pontevedra. Ao día seguinte a Praza de España e a Alameda converteranse nun dos puntos centrais da programación: o Bosque dos xogos.

Esta é unha das novidades da proposta que Pontevedra prepara para o Nadal deste ano. Unha programación que describen como renovada e diferente.

De feito, os tickets de compra do comercio local volverán ser moi importantes. Serán a entrada para gozar das actividades deste Bosque de Nadal.

A praza da Ferrería acollerá un ‘Poboado de Nadal’ cun mercado de artesanía con 26 postos. Ademais á programación súmase o Mercado de Abastos.

Outra das novidades do programa é a iniciativa ‘Mercado no Barrio’, con propostas específicas para os barrios con comercio local. Tamén haberá propostas musicais para estes días de Nadal. Celebraranse tanto no Teatro Principal como no Pazo da Cultura.

O Recinto Feiral volverá acoller as actividades a cuberto no marco do ‘Nadal Xogos’. En canto á recepción dos Reis Magos, volverá ser o día 5 pola mañá no Pazo de Mugartegui.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí