O concello de Rianxo acondiciona unha senda peonil no polígono de Té

    RIANXO> O concello de Rianxo vén de acondicionar un sendeiro forestal na beira do río Té que discorre en paralelo ó polígono industrial. Ademais da erradicación do eucalipto para minimizar os riscos en caso de incendio. A actuación acometida polo concello permitiu a retirada de eucaliptos nunha franxa de aproximadamente cincocentos metros. Prevese a súa futura repoboación con especies frondosas que faría as veces de cortalumes para o polígono empresarial. Este pequeno corredor virase conectar co roteiro fluvial do río Té co fin de recuperar este espazo para o uso públicos de tódolos veciños.