Orixe e tradición: eixos da campaña turística da Deputación de Pontevedra en Fitur

MADRID> A Deputación de Pontevedra centra a súa promoción en fitur na Orixe e tradición da provincia. A presidenta da deputación e a deputada de turismo destacaron na súa presentación por presentarse vestidas con roupa e complementos tradicionais creados por deseñadoras e artesáns da zona. Pontevedra tamén estivo presente na zona de fitur destinada ao turismo para promocionar a provincia como un espazo diverso no que poder acoller calquera que evento deportivo.

A Deputación de Pontevedra regresou as súas orixes para promocionar o turismo na provincia. Vestidas con roupa e complementos tradicionais, a presidenta da Deputación e deputada de turismo, puxeron en valor o legado histórico e cultural de Pontevedra.

Coa súa presentación, a Deputación tamén quería mostrar o orgullo que sente pola súa historia e poñer en valor aos artesáns que a día de hoxe continúan xerando riqueza en Galicia.

Ademais da súa presentación principal, a Deputación continuou participando en máis espazos para promocionar a provincia. Entre eles, o dedicado ao deporte, no que a deputación destacou as posibilidades de Pontevedra para acoller calquera evento deportivo.

O paso da deputación de Pontevedra por Fitur é as reunións con diferentes empresas e administracións son fundamentais para marcar a axenda turística da provincia no 2023.

A presentación de Pontevedra rematou co actuación das Fillas de Cassandra. Un grupo de pandereteiras que ao igual que a deputación coa súa presentación, levan a música tradicional á actualidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí