Pontevedra> A asociación de medianas e pequenas empresas de Pontevedra, Aempe, inicia este mes de outubro unha nova edición da súa “Aula de estratexia empresarial”, un curso dirixido ás pemes e destinado a ofrecer un grao de especialización na dirección e xestión. Este martes presentouse esta segunda edición desta Aula, unha cita onde tamén estivo presente o director territorial de Ence en Pontevedra, que financia este curso de formación a través do Plan Social que desenvolve a empresa pasteira.
José María Corujo destacou quecon este curso preténdese aumentar a capacitación dos participantes, incrementar as súas dotes de liderado, así como a súa capacidade de integración en equipos de traballo e de resolución de problemas na súa actividade emprendedora.
Un curso ao que poden asistir todas as persoas vencelladas co mundo do emprendemento
A matrícula é gratuíta e o número de prazas non pode superar os 30 participantes, os primeiros e anotarse serán os que teñan máis preferencia
O director terrotorial de ENCE amosou a súa satisfacción por colaborar con este proxecto e destacou a boa acollida do Plan Social.
Ao longo do programa impartiranse sesións que tocarán diferentes ámbitos como a detección de oportunidades, elección da forma xurídica para poñer en marcha a empresa, a súa estrutura e organización, prevención de riscos laborais, márketing, internacionalización, planificación estratéxica, ferramentas dixitais ou plans de negocio.