Pontevedra> O pleno de Pontevedra aprobou esta mañá a modificación de crédito e a do cadro de persoal. Os lumes, a política catalá, os composteiros e o abastecemento na cidade coláronse neste pleno. Unha cita que aprobou a proposta de Ciudadanos para estudar a implantación dunha aplicación móbil coa que os veciños poidan advertir incidencias e desperfetos no equipamento urbano. No pleno da corporación faláronse de numerosos asuntos entre eles dos lumes e da prevención a través dunha moción do grupo Marea. Luís Rei presentaba do seguinte modo a súa proposición. Dende as filas do PSOE dixeron que é unha proposta que lle parece correcta pero que deberían analizar coas negociacións que xa están levando a cabo co Goberno en relación aos orzamentos. Dende o PP tamén incidiron no mesmo, en que as decisión de Pontevedra se toman dende hai xa un ano en Santiago. E dende Ciudadanos deixaron claro que para evitar os incendios hai que deixar a un lado as políticas partidarias. Pola súa banda dende o Goberno Local dixeron que non podían aprobar esta medida xa que veñen de activar, en colaboración coa Universidade e coa Comunidade de Montes, o proxecto do Monte Vivo que xa reúne medidas para paliar os lumes. Finalmente esta proposta da Marea non saíu adiante, co voto en contra do equipo do Goberno Local.
Inicio PONTEVEDRA