O BNG propón investir en transporte público os fondos para o Xantar dos Maiores

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira critica que se destine unha partida de corenta e seis mil euros a financiar o xantar dos maiores. Propoñen que se invistan estes fondos en axudas ó transporte público. De despilfarro cualifican os nacionalistas ribeirenses a partida de corenta e seis mil euros destinada ó Encontro dos Maiores que se celebrará na vila o día tres de decembro. Propoñen que estes fondos se invistan en axudas ó transporte público. Aínda que son favorables á organización deste tipo de actos para os maiores, entenden que deberían ser sufragados con outros fondos e reducirse a partida orzamentaria.

    Comments are closed.