Decathlon, Leroy Merlin ou Eroski xa tramitan instalarse no polígono do Vao

PONTEVEDRA> Dezanove anos despois de que se iniciaran os trámites, a ampliación do Polígono do Vao avanza a bo ritmo. O concello de Pontevedra confrima que hai seis empresas que xa solicitaron a licenza de actividade que lles permitiría abrir os seus negocios. Entre elas estarían marcas tan coñecidas como Decathlon, Eroski ou Leroy Merlín.

Marcas tan coñecidas como Decathlon, Eroski ou Leroy Merlin prepáranse para instalarse en Pontevedra. Son algunhas das seis empresas que teñen a vista posta na ampliación do polígono do Vao.

Tamén estarán no polígono a empresa Jysk, adicada á venda de mobles e artigos para o fogar e Tiendanimal, de productos para mascotas.

O concesionario Norauto, pola súa banda, ocupará unha segunda nave de menor tamaño. Segundo Moreda, a empresa responsable do polígono xa comezou os trámites para a licenza de construción para as dúas naves. A súa intención sería executar a urbanización do polígono, para a que xa ten os permisos, e a construción das naves de xeito simultáneo para acurtar prazos.