O Festival de Curtas Armadiña xa quenta motores

Pontevedra> O concello de Poio xa está listo para acoller a décimo terceira edición do Festival de Curtas Armadiña 2017. Unha cita que arrincará o vindeiro luns 13 e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. Dende a organización destacaron que se trata da edición máis completa e innovadora. Este ano, este festival, está incluído por primeira vez nas principais citas do audiovisual galego que potencian dende a Deputación. O festival de curtas Armadiña 2017 xa quenta motores no concello de Poio. Unha cita que se desenvolverá dende o 13 ata o 19 de novembro entre o Centro Cultural Xaime Illa e Casal de Ferreirós. A concelleira de cultura destacou que se trata dunha edición moito máis ampla que outros anos. Unha décimo terceira edición cargada de novidades e de actividades. Dende a Deputación Provincial destacaron que é o primeiro ano que este festival de curtas se inclúe dentro dos 7 festivais audiovisuais da provincia. Unha das novidades desta edición é a sección medioambiental que inclúe a filmes que mostran o seu compromiso co medio natural. No apartado de premio máis especial se lle outorgará este galardón a actriz galega Nerea Barros. Un premio que será entregado co resto dos galardóns do certame o domingo 19 na gala de clausura que terá lugar en Casal de Ferreirós.