Pouco percebe na apertura da campaña en Aguiño

    RIBEIRA> Mal arranque da campaña do percebe en Aguiño. Os mariscadores regresaban á lonxa con malas impresións ó constatar a escaseza de recurso na zona de Sagres e Sálvora. Pouco percebe. Esta foi a frase máis repetida na apertura da campaña en Aguiño. O tamaño, aínda que non dos máis grandes, non é malo polo que os percebeiros agardan que poida medrar nas próximas semanas de cara a contar con mellor recurso para o Nadal. Aínda así, as expectativas non son moi optimistas. En función dos prezos e da evolución das capturas, a confraría decidirá as xornadas de traballo por semana e a posibilidade de aumentar o tope de cinco a sete quilos a partir de decembro.