RIANXO> A actividade, que se desenvolverá os meses de xullo e agosto, incluirá tamén o servizo de Plan Madruga.
O alcalde, Adolfo Muíños, presentou esta mañá o campamento de verán organizado polo Concello. A actividade que se desenvolverá dende o 1 de xullo ó 26 de agosto, prevé unha participación de 225 rapaces, de idades comprendidas entre os 4 e 11 anos.
A actividade desenvolverase en tres espazos diferenciados: nas instalacións do Pazo de Rianxiño, no colexio de Brea Segade de Taragoña e no colexio Ana Mª Dieǵuez de Asados.
Unha das novidades é que volverá a ofertarse para aquelas familias que o precisen o servizo de Plan Madruga.
Outra das novidades será a romaría final do campamento, que terá lugar o sábado 27 de agosto, dende as doce da mañá con actividades, inchables e xogos para os nenos, así como actuacións musicais a cargo de Çe Orquesta Pantasma e Uxía Lambona e a Banda Molona, ou de maxía con Martín Camiña.