O BNG presenta unha emenda ós orzamentos do Estado para a rexeneración integral da ría noiesa

NOIA> Para o BNG o bo estado da ría de Muros-Noia é algo vital, xa que dela dependen de forma directa máis de 1.700 postos de traballo.

Por esta razón entenden que a maior aposta orzamentaria nos presupostos do Estado para 2023 deberían ir destinados a deseñar un plan de mellora da calidade das súas augas e por ende da produtividade dos seus bancos marisqueiros.

Esta será a súa principal demanda ós orzamentos que presenta o Goberno central para 2023 por valor duns 15 millóns de euros.

Os nacionalistas tamén reclaman unha actuación de rexeneración nos recheos sobre a zona húmida de San Lázaro, a retirada das tubaxes de fibrocemento e a mellora paisaxística da praia da Barquiña e a rexeneración do espazo protexido da marea do Conchido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí