Participación do concello de Boiro no salón naútico Grand Pavois

    BOIRO> O concello de Boiro participa estes días no salón náutico Grand Pavois na localidade francesa da Rochelle coa finalidade de promocionar os seus dous portos deportivos, tanto o de Cabo de Cruz coma o de Escarabote. Dase a circunstancia de que o boirense é o único municipio de toda a comarca do Barbanza con representación institucional nesta feria. En colaboración con Portos de Galicia, e dentro do stand da Xunta, o concello boirense ofrece todo tipo de información para a captación de clientes náuticos, aportando folletos ilustrativos e as propias táboas de tarifas dos dous clubs. Este é o segundo ano no que o concello de Boiro está presente no Salón Náutico da Rochelle. Aproveitouse ademais para presentar alí o décimo segundo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará en Boiro o vindeiro ano, concretamente en xullo de 2015.