A mellora do paseo de Esteiro comezará esta semana

    MUROS> O Ministerio de Medio Ambiente iniciará esta semana as obras do paseo marítimo de Esteiro. A actuación, que supera os oitocentos mil euros, contempla a substitución de todo o pavimento e mobiliario urbano. A mellora do paseo marítimo de Esteiro por fin é unha realidade marcha. O mal estado en que se atopaba a pasarela de madeira fixo que tanto os veciños como o concello muradán reclamaran dende hai moito tempo o seu arranxo. Esta semana a Demarcación de Costas do Estado dependente do Ministerio de Medio Ambiente iniciará a actuación, que conta cun orzamento próximo ós oitocentos cincuenta mil euros. As obras contemplan a substitución do pavimento do paseo así como de todo o mobiliario urbano por materiais acordes coa contorna e que supoñan unha mellora non só estética senón funcional para os usuarios desta infraestrutura. Procederase á desmontaxe da barandilla existente e á retirada de tódalas travesas de madeira do paseo para acometer a limpeza do muro e a demolición da estrutura de formigón. Trala reposición do mobiliario e a colocación de bolardos habilitarase tamén un pequeno muro de protección e unha zona axardinada.