Comeza a reforma das rúas peonís de Ribeira

    RIBEIRA> Esta semana comezaron os traballos de mellora nas rúas peonís de Galicia. A actuación, que se executará en varios treitos das rúas de Galicia e Santa Uxía e na praza de Compostela, suporá un investimento próximo ós cento trinta e cinco mil euros. A empresa Sonense de Granitos iniciou esta semana as obras na rúa de Galicia, no treito comprendido entre Cardenal Cisneros e Rosalía de Castro. Os traballos consistirán na demolición do carril central, substituído as lousas de granito por adoquín máis resistente que evite o seu deterioro. Na zona comprendida entre a Igrexa e a praza de Compostela procederase á reposición do pavimento en mal estado substituíndo as lousas de granito rotas ou deterioradas. As obras suscitaron división de opinión entre a veciñanza. Mentres algúns demandaban este investimento dende hai tempo outros consideran prioritarias outras necesidades do concello. Paralelamente a estas obras, o concello está a traballar na instalación dun sistema de cotrol de acceso de vehículos mediante cámaras lectoral de matrículas e semáforo. A través deste novo mecanismo pretenden limitar o tráfico rodado, autorizado tan só a residentes e vehículos de transporte de mercadorías en carga e descarga. Sería a maneira máis efectiva de solucionar definitivamente as roturas e o deterioro das rúas peonís.