As plataformas pola sanidade pública mobilizaranse o 21-M

     PONTEVEDRA> Amosarán o seu rexeitamento ás políticas de recortes levadas a cabo polos gobernos autonómico e estatal.

    {flowplayer}images/salnes/SosSanidadePublica_240113.flv{/flowplayer} 

    A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Pontevedra e SOS Sanidade Pública convocan unha mobilización cidadá e dos traballadores sanitarios para o día 21 de marzo. Con ela pretenden amosar ós gobernos central e autonómico o seu rexeitamento contra o que din, son unhas políticas de desmantelamento e privatación da sanidade.

    As plataformas convocantes quéixanse pola introducción do copago, os plans para pechar centros de urxencias e farmacias no rural, a paralización da construcción de novos centros, a supresión do dereito de atención sanitaria a maiores de 26 anos que nunca cotizaran ou a paralización do proxecto do Hospital único de Pontevedra. 

    No acto desta tarde estiveron presentes os rexedores de Vilaboa e Poio xunto co alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores animou a tódolos veciños a tomar parte desta mobilización o 21 de marzo.

    Redacción Salnés