O concello de Boiro estudia trasladar o mercadiño

    cambiolugarmercadilloboiro_100_01042009.jpgBOIRO> O novo emprazamento estaría nunha nova praza que se construirá no cruce entre a Avenida da Constitución e Avellaneda.

    A nova praza pública e o aparcadoiro municipal que se van construír nas inmediacións do polideportivo da Cachada perfílase como o novo emprazamento para o mercado ambulante de Boiro.

    Así llo transmitiron os responsables municipais ós representantes dos vendedores ambulantes cos que mantiveron un encontro para abordar as necesidades deste colectivo. En principio, os vendedores solicitaban de novo o traslado á avenida de Cosntitución, alternativa que foi desbotada polo goberno local.

    {flowplayer}barbanza/cambiolugarmercadilloboiro.flv{/flowplayer}

    Semella que a proposta desta nova ubicación foi ben acollida polos vendedores que, se ben non poderán volver á céntrica avenida da constitución, si se achegarán a vía principal de comunicación e poderá ter un reparto máis equitativo dos postos.

    O novo emprazamento contempla unha parcela de oito mil metros cadrados que podería estar rematada a principios do ano que ven, posto que s etrata dunha obra enmarcada no Fondo estatal de Investimento Local habilitado polo goberno central para facer fronte á crise.

    Redacción Barbanza