Pistoletazo de saída no proceso de primarias do PSOE. Regades presenta as súas 10 propostas

Pontevedra> A carreira das primarias do PSOE en Pontevedra xa comezou, aínda que oficialmente a campaña comezará o vindeiro 3 de decembro, hoxe xa puidemos coñecer as 10 propostas que defenderá David Regades na súa candidatura. Entre elas está a igualdade, o liderazgo provincial e a recuperación da festa da rosa. Aínda que oficialmente a carreira comeza o día 3 de decembro, hoxe xa se deu o pistoletazo de saída de cara ás primarias do PSOE en Pontevedra. David Regades, acompañado de varios membros da súa candidatura, deu a coñecer esta mañá as 10 propostas que defenderá durante estes proceso de primarias e tamén de chegar a ser o secretario provincial. A primeira e o liderazgo provincial, a segunda a igualdade. A terceira loitar pola cohesión do partido. A cuarta garantir autonomía local, a quinta recuperar a relación coas comarcas e recuperar tamén con esta quinta proposta a festa da rosa. A sexta a coordinación entre organizacións, a sétima a formación dun equipo, a oitava, abrir novas canles de comunicación, a novena contar coa xuventude e a décima e derradeira a activación da militancia.