O ‘Avoa Fest’ rescata do esquecemento as receitas tradicionais cunha homenaxe a todas as avoas

PONTEVEDRA> Pontevedra fai protagonistas ás súas avoas. Hoxe comezou o Avoa Fest, unha iniciativa integrada no proxecto Pontevedra Capital Gastro que busca homenaxealas como gardiás da memoria gastronómica. Na Praza da Peregrina instalouse un Bosque da Memoria onde se poden deixar fotos e mensaxes ás avoas. Tamén un buzón para depositar receitas típicas que se recompilarán nun recetario da cidade. A inciiativa complétase cun roteiro de sobremesas por distintos locais da cidade.

Recompilar a tradición gastronómica da cidade é un dos obxectivos do Avoa Fest, a iniciativa que arrancou hoxe en Pontevedra.

O buzón é un dos elementos do Bosque da Memoria que se instala na Praza da Peregrina. Un espazo que, ademais de centralizar a recompilación de receitas, é o núcleo da homenaxe que o Avoa Fest quere render ás avoas.

Enmarcada no Pontevedra Capital Gastro, o Avoa Fest volve buscar a complicidade da hostalería pontevedresa. Así ponse en marcha un roteiro de sobremesas por distintos establecementos da cidade.

Unha inciativa grazas á que, entre todos, conseguiremos que a memoria e as figuras das nosas avoas non caian xamais no esquecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí