PONTEVEDRA> Penúltimo día de campaña e a candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia escolleu Pontevedra para participar nun reparto electoral. Ana Pontón, acompañada de outras candidatas da comarca, do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e de integrantes do grupo municipal e de militancia paseou polo centro da cidade. A candidata nacionalista volveu facer fincapé na importancia de concentrar o voto de esquerdas na papeleta do BNG.
A candidata do BNG á Xunta de Galicia visitou esta tarde de penúltimo día de campaña a cidade de Pontevedra. Ana Pontón percorreu o centro participando nun reparto electoral.
A candidata nacionalista fixo un chamamento á mobilización da poboación en xeral pero tamén se dirixiu especialmente ás mulleres. Pontón animounas a ser partícipes do cambio que suporía na Xunta de Galicia, dixo, que ela acadara a presidencia.
Para Pontón esta campaña que está a piques de rematar é a máis ilusionante que ten vivido o BNG. A candidata nacionalista confía nas posibilidades de cara á cita electoral do vindeiro domingo 18 de febreiro.