Xa á venda o calendario 2018 de Amicos

    BARBANZA> As fotografías que aparecen nel volven a estar protagonizadas polos propios usuarios da entidade. Por quinto ano consecutivo, e debido tamén ó éxito de edicións anteriores, Amicos volverá a sacar á rúa o seu calendario solidario. Faino coa finalidade de recadar fondos para os programas que desenvolve a entidade ó longo do ano pero tamén para ensalzar a capacidade de integración laboral das persoas con discapacidade intelectual. Precisamente as fotografías que aparecen no calendario están protagonizadas polos propios usuarios da entidade e foron realizadas nunha ducia de negocios da comarca que quixeron colaborar coa iniciativa. Trátase de Construcciones Serdeco, Mar de Aguiño, Conxelados Piloño, Industria Química Río Blanco, Hispania Protección y Seguridad, Ferretería Casais, Talleres Susavila, Seguros Bilbao de Boiro, Digar Construcciones Metálicas, grupo JB CAO, Pinturas Isaval e Combustibles Puebla, ademais da propia Asociación de Empresarios de Boiro, en cuxa sede se realizou esta presentación. Os calendarios xa están a venda en dúas versións, tanto para parede como para mesa, a un prezo de tres e dous euros respectivamente. Para adquirilos, as persoas interesadas poden achegarse a algún dos centros de Amicos, tanto noo Centro de Atención Integral de Amicos en Comoxo coma no Centro de Educación Especial en Oleiros, así como tamén nas propias empresas que colaboran coa iniciativa.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí