Galicia será a comunidade menos restritiva cos alugueiros vacacionais

PONTEVEDRA> A directora de Turismo de Galicia, recoñeceu nun encontro coa prensa, na delegación da Xunta en Pontevedra, que a nosa comunidade será a menos restritiva en canto as vivendas turísticas. O decreto que entrará en vigor a partir do vindeiro 10 de maio, afectará a unhas 1.000 vivendas en Galicia. 

 

O Diario Oficial de Galicia incluirá mañá o decreto que regulará os alugueiros vacacionais. Con este decreto pretendese erradicar os problemas ocasionados, por estes arrendamentos que nos últimos anos teñen nas novas tecnoloxías unha plataforma de difusión, o que permite chegar a un público máis amplo. 

Este decreto define as vivendas turísticas como aquelas, que se alugan durante máis de dúas veces ao ano, para unha estancia de corta duración, sempre inferior a 30 días. Ademais neste caso concreto alugase o total da vivenda e non só unha habitación, como si ocorre coas pensións. 

Os propietarios de este tipo de vivendas deberán presentar unha declaración responsable ante Turismo de Galicia. Despois procederase a súa inscrición no Rexistro de Empresas de Actividades Turísticas de Galicia, pagando unha taxa de 56 euros. 

A directora de Turismo de Galicia, defendeu esta mañá, que con este decreto, Galicia convertese na comunidade con menos restricións para a explotación das vivendas turísticas. Para difundir de maneira máis detallada este novidade a Xunta organizará xornadas informativas en toda a comunidade. O vindeiro luns, terá lugar no Pazo de Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo e o martes en Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/alugueiros_vacacionais_galicia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/alugueiros_vacacionais_galicia.mp4{/flowplayer}