As compras se multiplican neste Black Friday

Pontevedra> Día de descontos, pese a choiva, o Black Friday encheu de xente, e de moitas bolsas, as rúas de Pontevedra. Son moitos os que levan as súas compras estudadas, e a gran maioría, aproveitou esta xornada de saldos, para adiantar os agasallos para este Nadal. A choiva non impediu que a xente saíse á rúa en Pontevedra para desfrutar dos descontos do Black Friday. Son moitos os que realizan estas compras para adiantar, con desconto, as compras de Nadal. Nesta xornada véndese de todo un pouco con desconto, pero a gran estrela do día é o mercado textil. Para esta xornada son moitos os que levan as súas compras planificadas… E outros que teñen algunha queixa que realizar neste Black Friday… Moitos establecementos terán descontos tamén no día de mañá, algúns, incluso o luns. Outros pecharán este venres negro a partir das doce da noite, Así que se teñen algun antollo ou queren adiantar algunha compra de Nadal aínda están a tempo de facelo neste Black Friday.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí