PONTEVEDRA> Pero o espírito navideño non chegou unicamente á planta baixa da praza. No primeiro andar do mercado poderedes desfrutar estes días de diferentes talleres, obradoiros e charlas. Ademais, neste espazo podedes atopar unha feira de artesanía onde encontraredes os mellores agasallos para estas festas.
Produtos artesáns, reciclados e con mensaxes especiais. Que mellores regalos ca estes para sorprender nestas festas. O primeiro andar da Praza de Abastos acolle estes días un Mercado de Nadal onde poderedes encontrar artigos tan orixinais coma este.
Cada un destes expositores agocha unha historia diferente. Dende roupa feita de reciclaxe, pasando por xoiería artesá e solidaria e rematando con traballos de ilustración e fotografía.
A oportunidade para mercar estes agasallos rematará o día 5 de xaneiro. Ata entón, aínda tendes tempo para elixir un regalo diferente para alguén especial.