Mundonen@s achega actividades para toda a familia ata o 1 de marzo

Pontevedra> Ata o 1 de marzo o recinto feiral de Pontevedra acolle a segunda edición de Mundonenos. Un salón que chega á cidade do Lérez co fin de axudar á conciliación nestas vacacións do Entroido. Rapaces de 0-16 anos terán xogos e actividades de entretemento para desfrutar en horario ininterrompido de 11:30 a 20.30 da tarde. Ata o 1 de marzo o Recinto Feiral de Pontevedra acolle a segunda edición de Mundonenos. Unha feira detinada a todos os membros da familia onde ademais de 30 expositores conta con moitísmas actividades para rapaces de entre 0 a 16 anos. Agora mesmo están no ecuador desta segunda edición e teñen claro que dende hoxe virán os días fortes para este Mundonenos. E os pequenos están encantados con esta actividade na que poden participar en distintos xogos destinados a eles. E os pais e nais tamén encantados con esta iniciativa que axuda a conciliación nestes días de vacacións dos pequenos. Moitos dos expositores aproveitan a ocasión para ofrecer o seu produto estrela ou para lanzar algunha iniciativa e comprobar de primeira man a repercusión que ten entre as familias. Ata o 1 de marzo en horario ininterrompido de 11:30 a 20:30 poderá desfrutar desta segunda edición de Mundonenos e de todas as actividades no recinto feiral de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/27/mundonenos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/27/mundonenos.mp4{/flowplayer}