O PP aproba en solitario os orzamentos de Boiro para o 2018

    BOIRO> A corporación municipal boirense debateu a aprobación inicial dos orzamentos municipais para o vindeiro ano 2018. O punto saíu adiante cos votos a favor unicamente do Partido Popular. Tódolos grupos da oposición votaron en contra da proposta do goberno municipal. O equipo de goberno, o Partido Popular, quedouse só na aprobación do documento orzamentario para o vindeiro ano 2018. A totalidade do resto de forzas na corporación votou en contra. Dende as filas populares defenderon o presuposto, que ascende a 14’7 millóns de euros, unha cifra case idéntica ó do ano en curso. Para eles trátase dun orzamento moi realista, acorde ós tempos que corren, no que se prevén importantes actuacións como é o caso da construción do tan ansiado local para o Club de Remo cabo de Cruz, presupostado nun millón de euros. A nivel xeral os grupos da oposición argumentaron o seu voto en contra neste punto baseándose nos criterios de reparto dos investimentos, moi por debaixo do que consideran necesario para satisfacer as necesidades reais do municipio. Coincidindo ademais ó sinalar que existe unha enorme falla de precisión en determinadas partidas que prevé executar o equipo de goberno. Todos eles anunciaron que presentarán alegacións ó documento, que despois da súa aprobación inicial, será sometido a exposición pública.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí