Boas capturas para a sardiña do xeito nas vésperas do San Xoán

    sardiaxeitorianxo_100.jpgRIANXO> A campaña do xeito, na que moitos mariñeiros tiñan postas moitas esperanzas, non está a resultar moi satisfactoria debido ós baixos prezos.

    {flowplayer}barbanza/sardinaxeitorianxo.flv{/flowplayer}

    A pesar de que no porto de Rianxo existen máis de cen licenzas para o xeito, a verdade é que apenas dez ou quince barcos traballan habitualmente esta arte de pesca tradicional e característica da nosa ría. Esta noite, na luzada, o primeiro dos dez lances que teñen permitidos durante toda a semana, tan só saíron tres barcos que descargaron no porto rianxeiro uns 90 quilos de sardiña que se venderon entre o euro e os cincuenta céntimos. Un prezo que non se corresponde coa calidade do produto e que apenas deixa ingresos ós mariñeiros.

    Festividade de San Xoán

    Esta semana, coincidindo coa festividade de San Xoán, a sardiña sufre unha importante demanda, polo que o seu prezo seguramente se incremente considerablemente. Aínda así todo depende das capturas, coa lei da oferta e a demanda.

    Redacción Barbanza