Preto de cen familias boiresas solicitaron subvencións para mellora-la súa vivenda

    BOIRO > Durante os meses de verán o departamento de Urbanismo de Boiro asesorou a preto de 100 familias da localidade nos trámites a seguir para a consecución das axudas creadas pola Xunta de Galicia no tocante á vivenda. Este alto índice de atención ó cidadán foi posible grazas á revista ‘Urbanismo con B de Boiro’ editata polo concello e na que se facilita información periódica sobre axudas e outras cuestións urbanísticas que poden ser de interese para a poboación.

    Unha das subvencións das que se informaba na revista ‘Urbanismo con B de Boiro’ era a ofrecida pola Xunta de Galicia para a execución de pequenas obras dirixidas a eliminar o feismo das vivendas de menos de 15 anos de antigüidade. Foi esta a axudasvivendas_boiro_300_120906.jpgprincipal cuestión pola que preguntaban as persoas que acudían ó departamento de urbanismo do concello aínda que tamén se constatou un gran interese da cidadanía polas futuras axudas para a vivenda. Segundo os datos rexistrados, o persoal do departamento atendeu a preto de 100 familias boiresas e tramitáronse un total de 22 subvencións, que no caso de ser aprobadas pola Xunta unha cantidade superior ós 60.000 euros iría a parar ás familas das parroquias do Concello. 

    O edil de urbanismo, Xoán León, explicou que o concello fará un seguemento na Xunta da evolución dos trámites de ditas axudas coa intención de que gran parte delas consigan unha valoración positiva e acaden o importe económico solicitado. Así mesmo, indicou que o concello seguirá a editar a revista de urbanismo para manter informada á cidadanía no referente a novas axudas que poidan sair, principalmente para a mellora e rehabilitación de vivendas rurais, xa que é neste aspecto no que se está a concentrar o maior número de consultas. 

    Redacción Barbanza