Boiro acomete melloras na ETAP para garantir o subministro de auga no caso de avaría

BOIRO> O concello de Boiro está a acometer unha serie de melloras na estación de tratamento de auga potable. O obxectivo destas actuacións é dispoñer dun servizo de abastecemento alternativo no caso de avarías.

Os cortes puntuais de subministro así como as perdas de presión da auga que se viñeron rexistrando nos últimos días en varios puntos de Boiro debéronse á actuacións de mellora que se están a acometer no ETAP. Precisamente, a finalidade destes traballos é garantir a disposición dun servizo alternativo no caso de que se produzan avarías que afecten á rede de abastecemento.

Os técnicos que traballan na estación están a piques de concluír as actuacións, que incluíron tamén a reparación dunha avaría xeral,  polo que non se prevén novos cortes e o subministro está practicamente normalizado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí