Un incendio nun garaxe obriga a desaloxar a un cento de veciños

    incendioescarabote.jpg BOIRO> Unha mesta nube de fume e cinzas estendeuse con rapidez a través do oco do ascensor nun edificio de Escarabote.

    Faltaban poucos minutos para as sete da mañá cando unha veciña dun dos edificios das vivendas sociais emprazado no casco urbano de Escarabote, daba a voz de alarma ó decatarse da existencia dunha densa fumareda procedente do garaxe.
     
    O fume, que ascendía rápidamente polo oco do ascensor, xa invadira por complemento as escaleiras do edificio. Durante a evacuación producíronse momentos de tensión, xa que os veciños dos andares superiores tiveron serias dificultades para abandonar o edificio por mor do intenso fume.
     
    {flowplayer}incendioescarabote.flv{/flowplayer}
     
    Mesta nube de cinzas
     
    Na operación de extinción do lume participaron o corpo de bombeiros de Boiro e Ribeira e o Grumir boirés. As labores resultaron moi complicadas polas altas temperaturas que se acadaron no interior do garaxe.
     
    Unha vez apagado o lume, queda agora os máis complicado, realizar o reconto de danos, tanto no garaxe como no edificio. A nube de fume deixou a totalidade das escaleiras e o interior das vivendas cubertas cunha grosa capa de cinzas. Ademáis os veciños quedaron sen servizo de auga e o ascensor está totalmente inutilizado. 
     
    A causa do incendio aínda está por determinar. A Unidade Científica da Garda Civil de A Coruña faise cargo da investigación.
     
    Redacción Barbanza