BARBANZA>O BNG do Barbanza presentou unha serie de emendas ós orzamentos autonómicos solicitando novas partidas para os catro concellos da comarca. Os investimentos agrúpanse en infraestruturas, sanidade e creación de emprego. A circunvalación de Ribeira ou a mellora das beirarrúas na Ribeirña son algunhas das emendas encadradas no apartado das infraestruturas. No caso dos investimentos en Sanidade, os nacionalistas demandan melloras básicas na atención primaria. a maior parte das emendas dos nacionalistas refírense á cobertura de servizos sociais como a construción dun centro de día en Rianxo, unha residencia para a terceira idade en Boiro, unha gardería na Pobra ou o remate do centro social de Cabo de Cruz. A creación de emprego ocupa tamén un lugar destacado nestas alegacións, polo que solicitan axilidade nos proxectos de ampliación de chan empresarial na comarca.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









