O PSOE de Pontevedra se absterá na votación dos orzamentos

Pontevedra> O Partido Socialista de Pontevedra anunciou esta mañá que se absterá na votación dos orzamentos do 2018. Con esta decisión xa está garantida a aprobación destas contas de cara ao vindeiro ano. Agustín Fernández dixo que esta decisión foi tomada polo seu partido ao atoparse con máis receptividade por parte do Goberno Local, e porque, que moitas das súas propostas foron aceptadas nestes orzamentos. O PSOE de Pontevedra anunciou esta mesma mañá que se absterán na votación para os orzamentos do 2018. Unha decisión que din que tomaron ao atopar moita máis receptividade por parte do Goberno Local e porque moitas das súas propostas foron incluídas no orzamento. Entre esas propostas están a incorporación dunha partida orzamentaria para Mollabao e Loureiro Crespo, a taxa de telefonía móbil ou un análise para valorar outras formas de reducir a velocidade. O único punto onde non chegaron a un acordo foi no aumento de traballadoras sociais. Pese a isto dende o PSOE están satisfeitos xa que saben que nunha negociación é difícil conseguir todo. Dende as filas socialistas teñen claro que se absterán nesta votación, non presentarán emendas a estes orzamentos para permitir que saian canto antes adiante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí