Abal deixa o futuro do cuatripartito en mans da militancia de Cambados Pode

    CAMBADOS> José Ramón Abal deixa o futuro do cuatripartito en mans da militancia de Cambados Pode. A reunión da comisión de seguemento do pasado venres non axudou a desatascar a crise do goberno cambadés, e Abal xa anunciou que non asistirá ao encontro convocado para o día 1. O edil asegura que perdeu a confianza na alcaldesa, e cualifica a situación de tomadura de pelo. Lonxe de calmar os ánimos, o tempo que pasou entre que estalara a crise do cuatripartito o 31 de outubro e a reunión da comisión de seguemento do pacto do pasado venres, só contribuíu a agravar a crise. Segundo José Ramón Abal, o encontro do venres deixou intercambios desagradables entre os catro socios de goberno. Tampouco ve suficiente a proposta de Fátima Abal de asumir máis peso na portavocía do goberno. No pacto segue figurando esta competencia compartida con Somos Cambados, que non renuncia a ela. Ante esta escalada de tensión, a intención de Abal é non acudir ao novo encontro convocado para este venres para seguir revisando o pacto. Ademais, o edil deixa o seu futuro en mans da militancia de Cambados Pode. José Ramón Abal asegura que está disposto a renegociar o pacto de goberno; unha opción que, segundo explica, non aceptaron os seus socios do cuatripartito.