PONTEVEDRA> A borrasca “Filomena” deixou graves consecuencias en toda a nosa península e está afectando gravemente aos centros educativos. A necesidade de ventilar as aulas de forma continuada pola Covid, obriga aos colexios a manter abertas as súas ventás en plena onda de frío.
En plena onda de frío esta é a situación nos centros educativos. Ventás abertas de par en par para ventilar as aulas e así cumprir cos protocolos Covid.
Co obxectivo de mellorar este sistema, nas últimas horas, a Consellería de Educación puxo a disposición de todos os centros a web ventilacion.usc.es. Unha aplicación deseñada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago que permitirá determinar como e con que frecuencia se deben ventilar as aulas galegas.
Pero mentres este sistema non entra en funcionamento neste colexio pontevedrés, a imaxe nas aulas é esta: gorros, bufandas e ata luvas.
Os nenos adáptanse como poden a esta realidade xa que, de momento…