Oito procesións conformarán a Semana Santa de Pontevedra

Pontevedra> Este 25 de marzo dará comezo a Semana Santa co tradicional domingo de ramos. Pontevedra acollerá unha Semana Santa tradicional e familiar coa celebración de 8 procesións. O prato forte será como cada ano as procesións do xoves o venres santo onde salen as 7 confrarías da cidade.

Todos listo para que Pontevedra celebre a súa Semana Santa, unha  festividade que acollerá 8 procesión dende este domingo 25 de marzo ata o vindeiro, 1 de abril.

As procesións que contan con máis éxito son a do domingo de Ramos, e a do xoves e venres santo.

A Semana Santa de Pontevedra non conta con moita tradición fora de Galicia, pero na terra son moitos os que se animan a vir nestes días na Boa Vila.

Dende a organización saben que son  moitos os que unha vez que veñen a Pontevedra se quedan sorprendidos coa celebración desta Semana.

Unha Semana Santa á que todo o mundo está convidado a asistir.

Agardamos que as previsións meteorolóxicas acompañen e que a chuvia descanse durante estes días. De momento é moi cedo para adiantarnos ao prognóstico, e dende a confrarías se o tempo non acompaña tomarán no propio día, horas antes, unha decisión sobre se saír ou non.