O PP de Pontevedra considera que o Goberno fixo un Black Friday co rural

Pontevedra> Os que non están tan conformes con estes orzamentos son os concelleiros do Partido Popular. O voceiro do PP en Pontevedra dixo que se tratan dun orzamentos que financian proxectos do pasado pero que non teñen nunha visión de futuro. Jacobo Moreira, cree ademais, que o Goberno Local fixo un black Friday co rural pontevedrés cunha redución en inversión, di, de máis do 52 por cento. Dende as bancadas do PP de Pontevedra teñen claro que o seu voto ante os orzamentos do 2018 será negativo. Jacobo Moreira cree que se trata dunhas contas que financian e presentan proxectos pasados, sen ningunha vista ao futuro. E se dende o Goberno Local dixeron que o gran beneficiado destes orzamentos era o rural, dende o PP pola súa banda cren que é o gran prexudicado, cunha redución no investimento di 52 por cento. En relación á aprobación destas contas saben que coa abstención dun solo partido permitirán que salan adiante, pese a isto cree que Lores está anclado no pasado. Dende o PP agardan que este ano o Goberno Local lles permita realizar emendas parciais ou a totalidade destas contas, que previsiblemente, o BNG levará a pleno na primeira quincena de decembro.