PONTEVEDRA> Pontevedra importa a iniciativa do concello de Carballo para transformar espazos urbanos a través da arte. O artista Miguel Peralta será o encargado de embelecer cunha obra súa unha medianeira do cruce das rúas San Antoniño e Altamira. A iniciativa inclúese nas actividades da Placemaking Week Europe.
Pontevedra quere apostar pola arte para embelecer algúns dos seus espazos urbanos. E faino importando o proxecto ‘Derrubando Muros con Pintura’, nacido no concello de Carballo.
Será no marco das actividades da Placemaking Week Europe. O lugar escollido para esta primeira actuación é a medianeira no cruce das rúas San Antoniño e Altamira.
O encargado de dar nova vida a este espazo é Miguel Peralta, da cooperativa cultural galega Cestola na Cachola. Seu é tamén o mural que decora o pombal da Alameda pontevedresa. Que fará é todavía unha incógnita.
Terá liberdade creativa, xa que nin o concello de Pontevera nin a Deputación da Coruña, que impulsa e financia esta intervención artística, puxeron ningún tipo de condición.
Segundo explican dende a administración provincial, a actuación terá un custo duns 5.000 euros.