RIANXO> O concello de Rianxo solicitará a Portos de Galicia a cesión dos terreos anexos ó auditorio municipal. Trátase dunha superficie de tres mil metros cadrados que se pretende urbanizar para a creación dun espazo de lecer e área de estacionamento. Aínda que se trata de zona de dominio portuario, esta superficie de aproximadamente tres mil metros cadrados, está plenamente integrada na contorna urbana de Rianxo. Por esta razón, o executivo reclamará a súa cesión para humanizar o espazo e dotar ó núcleo de novas prazas de aparcamento. Polo momento xa se ten avanzado esta proposta nunha reunión con portos de Galicia e a propia Conselleira do Mar si amosou a súa boa disposición nun recente encontro informal co alcalde rianxeiro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia