Santa María A Nova acolle un espectacular Belén animado

    NOIA> Noia Histórica inaugurou o seu belén de Nadal, instalado novamente na igrexa de Santa María a Nova. Fíxoo nun acto, no que ademais da xunta directiva da entidade, tomaron parte tamén representantes municipais, entre eles o propio a alcalde, Miguel Paz. O nacemento, que ocupa unha superficie aproximada duns corenta metros cadrados, permanecerá aberto ó público ata pasar Reis. Está realizado pola patronal noiesa en colaboración coa asociación de veciños de A Rasa. Durante esteas datas son moitos os veciños e visitantes que acoden ata este templo noiés a admirar este fermoso belén no que non falta nin o máis mínimo detalle.