A obra de Jorge Castillo aterrará este xoves no Museo de Pontevedra

Pontevedra> Esta mañá presentaron, no Sexto Edifico do Museo de Pontevedra, a exposición “A visión dunha obra” de Jorge Castillo. Unha mostra que poderán visitar dende o 30 de novembro ata o 28 de xaneiro. Tanto o director do Museo como o deputado da área de Cultura consideran que é un orgullo contar con esta exposición, onde poderemos ver máis de 100 traballos dun dos artistas con máis percorrido internacional da nosa comunidade. No Sexto Edifico se ultiman todos os detalles para a inauguración da exposición A visión dunha obra de Jorge Castillo. Unha mostra que poderán ver neste espazo dende o xoves 30 de novembro ata o 28 de xaneiro. Dende o Museo quixeron agradecer esta mañá a boa disposición amosada por este artista para expoñer a súa obra na súa cidade natal. Unha mostra onde, tal e como dixo esta mañá a comisaria desta exposición, poderemos adentrarnos na traxectoria de Jorge Castillo con preto de 100 obras que van dende o ano 1952 ata a actualidade. E o artista, por certo un dos artistas internacionais máis prestixiosos da nosa comunidade, soamente puido agradecer a oportunidade que lle brindou o Museo de poder achegar o seu traballo a Pontevedra, unha cidade que recoñece como o lugar ao que pertence. E dende a área de Cultura da Deputación dixeron que non había mellor maneira de despedir o ano que cunha mostra a lo grande, con esta exposición dun dos artistas de referencia en Galicia e a nivel internacional como é Jorge Castillo. Así que xa o saben se queren coñecer máis sobre a obra deste Pontevedrés internacional poden facelo dende o xoves 30 de novembro ata o 28 de xaneiro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.