O consello da Xunta dá luz verde á ampliación de Jealsa-Rianxeira

    BOIRO> A firma ten intención de investir uns 20 millóns de euros na construción de dúas novas naves, o que permitirá a creación duns douscentos postos de traballo. A aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira permitiralle á empresa poder desenvolver a ordenación do espazo contiguo ás actuais instalacións ubicadas no lugar do Bodión. As previsións da conserveira pasan fundamentalmente pola construción de dúas novas naves. Na ampliación a empresa ten previsto investir uns 20 millóns de euros que suporán a creación de 200 postos de traballo. Un feito destacado polo presidente do Goberno Autonómico, Alberto Núñez Feijoo. Segundo el posta en marcha deste proxecto volve a mostrar o compromiso da Xunta tanto co tecido industrial galego, apoiando ós empresarios que precisan expandir os seus negocios na Comunidade, como coas iniciativas que apostan pola mellora da empregabilidade en Galicia.