Talleres Arturo fai entrega do seu tractor Ferrari ao CSIC

    Pontevedra> Talleres Arturo xa fixo entrega do tractor Ferrari ao CSIC. O Ministerio de Industria convocou un concurso público para a provisión dun tractor especial para as investigación do campo no Centro Superior de Investigacións Científicas en Pontevedra, e o gañador foi este taller de Ribadumia. O Ministerio de Industria convocou un concurso público para a provisión dun tractor especial para as investiación do campo do Centro Superior de Investigacións Científicas en Pontevedra, e o gañador foi unha empresa de Ribadumia, Talleres Arturo. A firma fíxose co concurso grazas a un tractor Ferrari K-105 lixeiramente modificado, e que custa 46 mil euros máis IVE. Un vehículo moi necesario para as investigacións do CSIC, nas instalación de Pontevedra, en Salcedo, vaise a utilizar para traballos sobre a vide, a oliveira ou o millo e tamén para os invernadoiros. Este tractor Ferrrari K-105 será o vehículo máis moderno, seguro e actualizado co que conten para os seus estudos dende este Centro Superior de Investigacións Científicas.