NOIA> O Campo da Feira será escenario este sábado do Festival Rúas Vivas. Arrancará xa pola mañá con actividades para nenos, un mercado de artesanía e unha sesión vermú.
A partir das seis e media da tarde darán comezo os concertos cun cartel composta case na súa totalidade por artistas locais.
Este festival ten por obxectivo a promoción de grupos emerxentes ó tempo que complementa a oferta de ocio estival.











