Somos asistirá á reunión de mañá e apela ao diálogo

    CAMBADOS> Somos Cambados si asistirá á reunión convocada para mañá para revisar o pacto de goberno. Tralo anuncio do edil de Cambados Pode de que non vai participar no encontro, a formación de Somos volveu facer un chamamento ao diálogo. Pediron lealdade ao acordo, e apostan pola continuidade do cuatripartito. Somos Cambados participará mañá na reunión que continuará a revisión do pacto de goberno. A formación volveu facer un chamamento ao diálogo. Se a situación non muda, quen non asistirá será o edil de Cambados Pode. Unha ausencia que non entenden dende Somos que, aseguran, non tomarán ningunha decisión á marxe dos compañeiros de goberno. Segundo José Ramón Abal, a falta de garantías para evitar un uso que considera partidista da portavocía do goberno, que exerce Xurxo Charlín, é un dos principais problemas do funcionamento do cuatripartito. Unha cuestión menor para Somos Cambados. Por iso dende Somos ven nesta nova crise intentos de desestabilizar o goberno cambadés. Cordal tamén fixo un chamamento aos seus socios para que continúen apostando polo goberno de cambio co que se comprometeron no 2015.