Afeccionados ao trial rescatan a un can perdido e revindican os beneficios que aportan aos montes

VILAGARCIA> Uns afeccionados ao trial de Vilagarcía rescatan no monte a un can perdido e en mal estado. Os deportistas axudaron ao animal e conseguiron levalo a xunta do seu dono. Reivindican os beneficios do seu deporte tanto para gozar del coma para coidar dos montes.

Dende hai 40 anos, os deportistas de SQeM dedícanse a gozar do trial polos montes da contorna. Unha afección que en ocasións sírvelles para salvar vidas. A última tivo lugar a fin de semana pasada. Cando un grupo de rapaces atopou no monte a un can desorientado e en mal estado despois de percorrer varios quilómetros perdido.

Segundo indican dende SQeM, este can non é o primeiro que se atopan perdido polo monte, de feito, nalgunha ocasión, tamén atoparon a persoas desorientadas.

Dende SQeM reivindican os que beneficios do trial tanto para a práctica deportiva coma para manter coidado o monte, xa sexa limpando os terreos ou advertindo ao Seprona das verteduras.

Os afeccionados ao trial queren crear unhas licencias coas comunidades de montes e as administracións para regular o seu deporte. Deste xeito garantiríase que só poidan practicar deporte no monte aqueles afeccionados que velen polos seus coidados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí