Quince iglús para o novo plan de recollida de vidro na hostalería

    iglu_copia100.jpgVILAGARCÍA> Uns 60 negocios participan nesta experiencia promovida polo departamento municipal de Medio Ambiente en colaboración coa Xunta e Ecovidro.

     {flowplayer}images/salnes/IGLU.flv{/flowplayer}

    O plan comezou coa instalación de 15 novos iglús para o depósito de vidro, que se colocaron nas rúas da cidade nas que se emprazan os bares e restaurantes que participan nesta innovadora experiencia.

    Despois dunha primeira toma de contacto levada a cabo polo departamento que dirixe Marcelino Abuín, un total de 60 establecementos hostaleiros amosáronse dispostos a colaborar na recollida selectiva e no reciclaxe para mellorar as taxas de recuperación de vidro no municipio.

     Repartiranse nos bares, pubs, cafeterías e restaurantes colaboradores uns cubos especiais para almacenalo vidro e posteriormente depositalos no iglú. Para facilitala tarefa, os cubos están dotados de rodas e un innovador sistema de elevación. O plan no ten custo algún para os hostaleiros. A infraestrutura corre a cargo das administración e da propia empresa Ecovidro.

     Os técnicos aproveitaron o reparto de material para entregar ós hostaleiros un folleto informativo sobre o plan e para explicarlles a utilización dos cubos.

    Nunha terceira etapa, unha vez rodada a proposta de reciclaxe, realizaranse visitas de control ós locais para comprobar o desenvolvemento do proxecto.

    Redacción Salnés