![]()
PORTAS > O PP de Portas aposta por darlle máis contidos á Azucreira. O candidato, Roberto Vázquez, …
… cualificou este espazo como un orgullo e anunciou que o centro de día está a punto de abrirse e que teñen pendente un convenio coa Xunta para facer unha residencia de maiores.
‘Vota Roberto’, así rezaban as gorras que levaban os veciños de Lantaño, en Portas no mitin que ofreceu o PP. Un apoio explícito ó actual alcalde Roberto Vázquez, que contou ademais co respaldo do secretario de organización do PP na provincia de Pontevedra, José Juan Durán.
Vázquez presentou como aval as iniciativas que levou a cabo desde que chegou ó Concello no ano 92 e así o recolle nun libriño que está a entregar casa por casa. En fronte, di dos seus contrincantes nestas eleccións, que nas súas listas vai xente que estivo antes gobernando Portas e que non fixeron nada polo Concello. Vázquez destacou actuacións como o pavillón de deportes, a casa do concello, o centro médico ou o centro cultural, ademais da recollida do lixo.
Facendo números lembrou que teñen executado 15 quilómetros de beirarrúas, e 23 quilómetros de tubería de saneamento, cifra esta última que esperan incrementar de seguir no goberno. Tamén falou da compra da Azucreira, dos servizos que xa acolle e dos que están en marcha, como o centro de día, unha residencia de maiores ou mesmo unha piscina cuberta. Roberto Vázquez afirma que se volve presentar para seguir traballando por Portas e por iso pide ós veciños que voten ó PP o día 27.
Redacción Salnés








